ALFONSO BOTANA SL conta cun equipo técnico multidisciplinar ampliamente experimentado en todos os campos da arquitectura, o urbanismo e o medio ambiente o que nos permite ofertar aos nosos clientes un Servizo Globlal adapatado a sociedade actual e implementado coas tecnoloxías mais punteiras.
Como parte deste servizo global, o noso persoal técnico asesora e acompaña aos nosos clientes ao longo de todo o proceso.
Abordamos todos os nosos traballos desde a perspectiva dunha arquitectura e urbanismo intelixente, responsable e adaptado ao seu contorno, entendendo a sustentabilidade ambiental como parte inherente no proceso.
DA O PASO. O MOMENTO É AGORA
Serás a nosa prioridade.
Busca un equipo que estea ao teu carón, con experiencia e que desfrute do seu traballo. Un equipo que te acompañe en todo o proceso ata ver materializado o teu obxectivo.
Solucións prácticas e versátiles.
Busca un equipo que deseñe espazos por e para as persoas, que se adecúe ás formas de vida da sociedade, en constante evolución. Un equipo que busque solucións prácticas e efectivas.
Servizos
Urbanismo
Ordenamos o territorio. Dinos cales son as túas necesidades e nós encargámonos de valorar que figura urbanística se acomoda a elas. Ofrecemos servizos de redacción de planeamento tanto a organismos públicos como privados.
Arquitectura
Preparamos o teu proxecto para a construción, propoñemos solucións de mantemento e conservación de edificios existentes e das súas instalacións, cumprindo sempre cos requisitos de calidade, funcionalidade, seguridade e habitabilidade.
Consultoría
Ofrecemos a posibilidade de asesoramento e elaboración de estudos e informes técnicos para solucionar o problema formulado, previa elaboración do correspondente orzamento e con posibilidade de contactar directamente mediante videoconferencia.
Medio Ambiente
Apostamos por integrar os aspectos medioambientais nos plans, programas e proxectos, buscando as alternativas ambientalmente viables, establecendo as mecanismos eficaces de corrección ou compensación dos posibles efectos adversos sobre o medio ambiente.