O equipo de ALFONSO BOTANA SL iniciouse na elaboración do planeamento xeral a finais dos anos 90 exercendo a súa actividade profesional no ámbito do urbanismo, a edificación e o medio ambiente.
O noso equipo é multidisciplinar, formado por mais de 12 profesionais de diferentes especialidades dedicados en conxunto a elaboración de todo tipo de plans e proxectos.
Ao longo destes anos de traballo fomos evolucionando e adaptándonos aos novos requirimentos e tecnoloxías para garantir a calidade e proporcionar os mellores servizos aos nosos clientes.
A nosa experiencia avala o noso coñecemento nestes ámbitos e repercute positivamente no grado de confianza e satisfacción dos nosos clientes que abranguen tanto ao sector público como ao privado.
Construír o noso territorio.
O noso equipo desenvolve plans xerais de ordenación municipal, plans e proxectos sectoriais, plans parciais e outras figuras de planeamento como plans especiais de reforma interior, estudos de detalle, modificacións puntuais, etc.
Proxectar, deseñar e construír.
Especialistas no deseño de edificios e vivendas, espazos urbanos, estudo de patoloxías, certificacións enerxéticas, valoración e tasación de inmobles, Dirección de obra etc.
Acadar os grandes retos da sostibilidade.
Desenvolvemos traballos de consultoria ambiental, avaliación ambiental de plans, programas e proxectos, estratexias de sostibilidade, estudos de integración paisaxística, proxectos de legalización ambiental, etc.
Realizamos estudos acústicos, de mobilidade, hidrolóxicos, levantamentos topográficos e medicións, estudos xeolóxicos etc. Todos eles apoiados en sistemas de información xeográfica (SIX) para a análise e manexo da información adaptadas as necesidades dos nosos clientes.
Rúa Simón Bolívar, 39, 15011 A Coruña
estudio@alfonsobotana.gal
981 107 546